Se algunha vez pensades que ninguén fai caso do que poñedes na web e que non paga a pena seguir poñendo refráns, nese momento tomade algo que vos agrade e respirade fondo. Os que visitan un museo tampouco falan co director e cos que nel traballan pero levan ese museo na cabeza e no corazón. E van máis ricos do que entraron, porque saben máis. Os refráns do Manolo do Tío Bernardo non me escapan e ben que os saboreo. E a estas alturas estou seguro de que Pilar ha de ter unha boa presa de refráns e de frases. Se me fixera caso, xa estaba publicando unha nova colección desas frases que eu sei que ela ten gardada na memoria (e se cadra nunha libreta).
Sodes un exemplo.
Xesús Ferro Ruibal
19/11/13
Mensaxe de Don Xesús Ferro
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
felicidades pola páxina
Publicar un comentario