30/11/13

Lobelo e Lobelle

Seguimos lendo o traballo de Nicandro Ares sobre os nomes dos lugares. Hoxe tócalle a Lobelle (que moita xente di Nobelle).
Lobelle: serían as terras dun tal Lupellus (dimin. latino igual a Lupuluslobo-)
-          Lobelle de Abaixo (lat. bassus)
-          Lobelle de Arriba (lat. ripa)
O Piñeiro: o nome vén da árbore que dá piñas (pineas en lat.)
Quintela: antes foi Quintanella, que viña de Quintana, derivado de Quinta (parte dos froitos que se pagaban de renda ao dono)
Vilar de Mulleres: xa no ano 947 aparece in villares de mulieres. Significa o que di o nome.

Así que tamén poderiamos poñerlle a un rapaz Lobelo en honor a ese Lupellus que andou por estas terras.

Ningún comentario: