Pois lendo os traballos de Nicandro Ares publicados pola RAG podemos saber o que significan os nomes dos nosos lugares. Hoxe miraremos os da nosa parroquia.
Cartelos: lat.
vg. nome de persoa Quartellus (dim de
Quartus)
Casa do Barrio:
lat. tardío Barrium, do árabe barri (exterior)
A Laxa (Lagea):
latín hispano lagena: pedra plana e
delgada
Trasar de Carballo:
do nome de persoa Trassarius,
Vilaguillulfe:
lat. villa e nome de persoa visigótico Wiuliulfus, en xenitivo de posesión
Polo que vemos, Cartelo, Trasario, Guillulfo podían ser hoxe nomes de persoa do máis tradicional e enxebre, moito máis ca Cristian, Jonathan ou Kevin. A ver quen se anima a poñerlle estes nomes a un rapaz?
Ningún comentario:
Publicar un comentario