As patacas. Ben, non eran todas como as máis grandes pero han chegar para cocer e
fritir. Saniñas elas, pequeneiras pero prometen boa conservación. Saúde
para comelas e sentidiño para repartilas para todo o ano. Contaba a Mamá
Carmen que o día da arrincar as patacas a señora da casa levaba ao eido
unha pota de patacas arregladas na cabeza encima dunha rolla e comíanse
da pota coas mans despois de sacudilas e dicíase "veña rapaces, antes
de que enfríen"...
E na ribeira do Xan en Carcacía as uvas aínda están ben verdes
Ningún comentario:
Publicar un comentario