Hoxe despedimos o Pena, de nome Jesús, un home
grande, e ademais forte, cando durmiamos na ribeira de Levices, nós inda nenas,
para non ter medo durmiamos pegadas a El. Foi un home bon, nado en Vilameá, e
casado en Vilar de Mulleres onde foi un gran veciño, sempre desposto a axudar e
con a paciencia suficiente para escoitar e dar un bo consello. Amigo da casa
vivimos moitas cousas xuntos unhas boas e outras non tanto, pero el sempre
estaba aí. Nos últimos anos recuperouse dunha enfermidade con unha forza de
vontade exemplar, toda a súa vida foi un exemplo a seguir.
Acompañámolo na sua ultima viaxe sabendo que a súa
vida foi como unha escola para nós. Seguro que no Val De Redes os paxariños non
cantan tan alegres como cando el daba os seus paseos por alí.Non te esqueceremos. MARTA e todos os teus amigos de
CASA DO GIL
2 comentarios:
Gracias
Gracias
Publicar un comentario