23/02/12

Cachucha prensada

Vén agora o tempo da santa coresma, despois do santo entroido. Tempo de coidar o santo colesterol despois dos cocidos, os lacóns, as torradas, as orellas... Mais se non é venres aínda se lle pode meter unha tafeliña de, por exemplo, cachucha prensada. Esta está feita coa receita da familia Ogando de Alongos. Tampouco hai que castigar tanto os corpos, que para iso xa está a santa Crise e a santa Deuda (disque moi avogosas para os bancos e políticos gobernantes)

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que boa pinta! E a receita desta marabilla é segreda coma a cocacola ou pódese saber? Eu non son moito de castigar o corpo e si da cofradía do san colesterol....