22/01/11

Frases e refráns de Pilar Guerra

Os ditos da nosa nai/tía Pilar xa estaban na internet, despois contou algúns no Ben falado. Agora deu un paso máis, grazas coma sempre a don Xesús Ferro que lles deu acollida nos Cadernos de Fraseoloxía Galega que el dirixe:

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista de investigación fraseolóxica, está redactada en lingua galega porque, en primeiro lugar, pretende estimula-la recolla e investigación da fraseoloxía galega e da fraseoloxía universal en Galicia; pero tamén porque forma parte dun proxecto social de normalización da lingua propia de Galicia. Importantes fraseológos de Europa e de América colaboran xenerosamente neste proxecto de ecoloxía lingüística publicando en galego traballos inéditos nesta revista, que chega xa gratuitamente á noventa e cinco dos máis importantes fraseólogos do mundo e, en intercambio, a tódalas bibliotecas universitarias de España e Portugal. Chegará tamén a tódalas outras bibliotecas universitarias que o soliciten en intercambio. Os números anteriores, xa esgotados, poden baixarse integramente en formato PDF de Internet en http://www.cirp.es/rec2/cfg.html.









Velaquí a primeira páxina da freseoloxía (frases) e paremioloxía (refráns) de Pilar Guerra coa introdución ao traballo en galego e inglés. Seguen varias páxinas de explicación do galego utilizado por Pilar e logo as 520 entradas

Dentro de seis meses calquera poderá descargar o traballo enteiro na páxina do Ramón Piñeiro.

Imos celebralo cunha copiña de licor café e galletas que tan ben lle saen a ela, o mesmiño cás frases.



1 comentario:

Anónimo dixo...

Na prensa de hoxe:
Por outro lado, as universidades húngaras Etvs Lórand de Budapest e Nyugat Etyetem, a Universidade de Helsinki (Finlandia) e o centro de humanidades de Leipzig (Alemaña) colaborarán co centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades no duodécimo número da revista Cadernos de Fraseoloxía Galega.

Esta publicación, patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e con frecuencia anual, farase chegar aos fraseólogos "máis importantes" de Europa e América e ás bibliotecas universitarias de España e Portugal.

Neste novo número de Cadernos de Fraseoloxía Galega están representadas a Universidade de Santiago de Compostela; Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; Escola Oficial de Idiomas de Vigo; IES Sánchez Cantón de Pontevedra; Universidad de Alcalá de Henares; Universidad de Oviedo; Universidad de Salamanca; Euskal Herriko Unibertsitatea/Universidad del País Vasco; Eötvös Loránd Tudományegyetem (Universidade Eötvös Loránd de Budapest); Nyugat-magyarországi Egyetem (Universidade de Nyugat Egyetem de Hungría); Helsingin Yliopisto (Universidade de Helsinki) e Geisteswissenschaftliches Zentrum (Universität Leipzig)

Trátase do duodécimo número desta revista de investigación fraseolóxica que dirixe Xesús Ferro Ruibal, académico da lingua galega que tamén dirixe e presenta o programa televisivo Ben falado!

A través de Cadernos de Fraseoloxía Galega, este centro de investigación da Secretaría Xeral de Política Lingüística contribúe coa difusión internacional do galego, xa que achega o idioma a estudosos de todo o mundo: a revista chega aos máis importantes fraseólogos de Europa e de América e tamén a todas as bibliotecas universitarias de España e de Portugal.
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/idioma-estandar/idEdicion-2011-01-24/idNoticia-632790/