
31/05/10
O atador de Casdepedro

Poucos hai por aquí na contorna que non fosen algunha vez ao atador de Casdepedro, fose empadescanse ao sogro ou agora ao xenro.
El Correo Gallego dedícalles hoxe unha páxina
30/05/10
28/05/10
Unha cata de leite

Lemos na Nosa Terra (nº 1408) que en Silleda o día 11 hai unha cata de leite. Si, amigos, de leite non de viño como estamos tan acostumados aquí na Ribeira Sacra. E vai estar nela esta señora, Carmen Garrobo, Directora da Escola Española de Cata. Di dona Carmen que un leite por debaixo dos 75 céntimos non ten calidade. Conta que o leite máis rico é o fresco ou pasteurizado, o leite UHT é un leite morto. O pasteurizado é sometido a un golpe de calor a 75 graos uns segundos. O UHT sobe dos cen graos durante máis tempo, para que un leite dure tres meses hai que tirarlle todo o que se pode descompor. Seica o leite de verdade ten que saber a tona (coma o das nosas vacas, claro).
24/05/10
Atopamos algo raro nun prado

Cortando herba para ensilar atopamos este "malladeiro," pensamos que o fixeron varios animais, pero non coincidimos con algún cazador para que poida explicarnos quen e por que fixo tal cousa. Meses antes neste prado vimos o que eiquí chamamos "cabras". Non vimos ningún resto animal, que indique restos de pelexa
23/05/10
19/05/10
Os cabalos de Ourense
Seica son do mellorciño estes cabalos, segundo explica en El País de hoxe o señor Gonazález, que vén sendo o noso Gumersindo
18/05/10
Nova entrega da ribeira do Paco
Será das nosas vacas
17/05/10
14/05/10
Obras da Autovía
09/05/10
Ribeiraos e montañeses
08/05/10
Responso de San Antonio
A Mamaservanda sempre rezaba o responso de San Antonio cando perdía algo. Se o responso anda ou guía (se un non se equivoca ao dicilo seguido) é seguro atopar o perdido. Por iso se algún dos nosos amigos da web perde algo (mesmo un arquivo, un @, etc.) aí lle vai o responso para que o memorice:
RESPONSO A SAN ANTONIO
Se buscas milagres, mira; morte e erros desterrados, miseria e demonio fuxidos, leprosos e enfermos sans. O mar sosega a súa ira, redímense os encarcerados, membros e bens perdidos recobran mozos e anciáns. O perigo retírase os pobres van remediados. Cónteno os socorridos dígano os paduanos. O mar sosega a súa ira, redímense os encarcerados, membros e bens perdidos recobran mozos e anciáns. Gloria ao Pai, gloria ao Fillo, gloria ao Espírito Santo. O mar sosega a súa ira, redímense os encarcerados, membros e bens perdidos recobran mozos e anciáns. Prega a Cristo por nós, Antonio glorioso e santo, para que dignos así das túas promesas sexamos. Amén. |
07/05/10
Botando as patacas
05/05/10
Música

A Mamacarmen nos seus bos tempos tamén facía música, tiña unha pandeireta e marcaba o ritmo con culleres; e botaba aturuxos. Grazas a Pablo Carpintero todos eses instrumentos tradicionais xa non se perden (xa falamos outras veces deste vieciño aquí). O noso corresponsal en Pontevedra cóntanos que hoxe houbo un acto na Deputación de alí no que Pablo cantou, tocou e explicou a historia da gaita galega desde os tempos antigos. Ao final a xente non paraba de aplaudir e tivo que botarlle outra.
04/05/10
Botar o millo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)