Xa falamos outras veces neste blog dos Parentes do noso veciño ilustre Pablo Carpintero. Hoxe lemos que: O xurado da vixésimo quinta edición do premio Antón Losada Diéguez decidiu outorgar os galardóns a Pablo Carpintero Arias, no eido de investigación e ensaio, e a Domingo Villar, en creación literaria.
O primeiro resulta premiado polo seu traballo Os instrumentos musicais na tradición galega, unha obra da que o xurado destacou “a súa singularidade ao recuperar un mundo que se está a perder e que abarca todo o dominio lingüístico do galego” e que “é unha contribución singular para salvagardar o noso patrimonio material e inmaterial”, que resulta “amena e adsequíbel para todo tipo de públicos”.
Os Parentes sempre nos alegramos do bo facer da xente da nosa terra.
1 comentario:
Pois hoxe ven no diario que o Pablo Carpintero foi escollido pola UNESCO para ser xurado no de declarar un sitio ou non patrimonio mundial e que terá que ir a París para ese choio
Publicar un comentario