02/03/10

Vacas no Cifras e Letras

Hoxe o Cifras e letras na Galega (mentres dormitamos co xornal diante despois de xantar) estivo dedicado ás vacas. As dúas palabras para atinar foron rabo e bosta, que nós ben coñecemos. Onde nós fallariamos sería coa palabra que puxo un concursante, robada, e non lle valeu. En Trasar sempre falabamos dunha robada de pan, pero se non vén no Xerais teremos que pasar sen ela. O Sr. Mira di que el algunha vez munguiu unha vaca, que a vaca que máis pesou pasaba de 870 kg. Xa sabiamos que é un home ben preparado. A Sra. Castaño tamén falou das vacas tolas, unha muller ben aguda e ben guapa. Ademais dixo que unha tal Lupe Gómez é a mellor poeta das vacas. A ver se atopamos algunha poesía dela para ler cando vaiamos coas vacas como facía o noso veciño poeta Emilio Álvarez no prado dos Currás.

Ningún comentario: