É unha fonte de frases, cando se topa cos sobriños sempre lles regala algunha: - Pobrecitos los borrachos que están en el camposanto, Dios les de luz y gloria por haber bebido tanto - A muller que capa os homes vive nos campos de Noia, fuxii, homiños, fuxii, que aí vos vén a capadora
Di a Pilar de Baixo que cando grelan as verzas son moi ricas e se chaman chirumias, buscamos no dicionario e non atopamos a palabra máis que para a flor do toxo. Outra palabra máis que é propia da nosa terra.¡!!!
Noutrantonte un día de calor que parecía vrao, onte un día de frío e torbóns que parecía xaneiro. Preguntámoslle ao Manolo do Tío Bernardo e sentenciou:
- Marzo marzola, torbón e raiola
- En marzo abrigo, noces e pan de trigo
- Cobras en marzo, neve en maio
- En marzo maiadas e en maio marzadas
- Marzo iguarzo
- Marzo espigarzo
Queda dito, e vexan un campo de grelos