03/09/15

Tractorada e manifestación en Lugo

Outro día máis de protestas! Os Parentes mandamos a Lugo representación, alá foi o Pepe
 

31/08/15

San Ramón en Lobelle

Pois si, hoxe é o día grande das festas de Lobelle. Calquera amigo ou parente que pase por Cas Gil de Lobelle de Arriba, non lle ha faltar unha copiña de licor, que a Señora Ama xa ten máis arte, que o ombreiro se vai recuperando.
Conta o Manolo do Tío Bernardo que había en Lobelle un famoso cura, o don Ramón. Cando saía ben farto dunha casa despois dunha boa comida espetaba: gracias a dios e ós nosos señores, as nosas barrigas parecen tambores.
Pois iso, San Ramón, o dos partos difíciles.

25/08/15

O noso Celtiña

O Cura do Incio xa era do Celta e mercou unha acción, agora o accionista é o noso Presidente e presume de equipo, claro, está de primeiro... Xa o di o Carrabouxo

 

24/08/15

O porco bravo

E veu o porco bravo e estragou a leira de millo, menos mal que non é dos Parentes, pero outro día nos tocará, ben seguro!