As Tiopas, ou toupas, traballan con ganas na finca chamada Chau do Carballo. Estes montonciños de terra incordian un pouco á hora de recoller a herba para ensilar, pero esto comparado cos danos do xabarín é un mal menor.
30/01/11
27/01/11
22/01/11
Frases e refráns de Pilar Guerra
Os ditos da nosa nai/tía Pilar xa estaban na internet, despois contou algúns no Ben falado. Agora deu un paso máis, grazas coma sempre a don Xesús Ferro que lles deu acollida nos Cadernos de Fraseoloxía Galega que el dirixe:
Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista de investigación fraseolóxica, está redactada en lingua galega porque, en primeiro lugar, pretende estimula-la recolla e investigación da fraseoloxía galega e da fraseoloxía universal en Galicia; pero tamén porque forma parte dun proxecto social de normalización da lingua propia de Galicia. Importantes fraseológos de Europa e de América colaboran xenerosamente neste proxecto de ecoloxía lingüística publicando en galego traballos inéditos nesta revista, que chega xa gratuitamente á noventa e cinco dos máis importantes fraseólogos do mundo e, en intercambio, a tódalas bibliotecas universitarias de España e Portugal. Chegará tamén a tódalas outras bibliotecas universitarias que o soliciten en intercambio. Os números anteriores, xa esgotados, poden baixarse integramente en formato PDF de Internet en http://www.cirp.es/rec2/cfg.html.
Velaquí a primeira páxina da freseoloxía (frases) e paremioloxía (refráns) de Pilar Guerra coa introdución ao traballo en galego e inglés. Seguen varias páxinas de explicación do galego utilizado por Pilar e logo as 520 entradas.
Dentro de seis meses calquera poderá descargar o traballo enteiro na páxina do Ramón Piñeiro.
Imos celebralo cunha copiña de licor café e galletas que tan ben lle saen a ela, o mesmiño cás frases.
18/01/11
Xa custa máis un quilo de penso que un de leite
Xoán Ramón Alvite LA VOZ DE GALICIA, 18/1/2011.
A subida dos cereais dispara o prezo dos concentrados alimenticios até un 30%
Empeza mal o ano para os produtores lácteos galegos. O forte incremento experimentado polas cotizacións dos cereais nos mercados internacionais disparou até un 30% o prezo dos pensos. Iso supuxo outro golpe para as gandarías que non cobren os seus custos co que perciben por cada litro de leite que entregan á industria. De feito as subas de apenas 3 céntimos rexistradas polo prezo da materia prima en orixe, durante o último trimestre do ano, apenas serviron para cubrir a suba aplicada aos concentrados alimenticios. Dependendo da formulación de cada mestura, o incremento medio de cada quilo de alimento sitúase aredor dos 4 céntimos, aínda que algúns fabricantes optaron por repartiren esta subida en varias mensualidades. Máis gravoso foi o aumento experimentado por aqueles pensos elaborados con altas porcentaxes de materias nobres como a cebada, a soia ou o millo ,que viron como o seu prezo se encarecía até en sete céntimos. Desde o pasado mes de xuño, o prezo da cebada en orixe multiplicouse por dous e chegou a alcanzar un máximo de 220 euros. Outro tanto sucedeu coa soia ou co trigo, que pasou de pagarse a 140 euros aos 260 euros que chegou a marcar a pasada semana. Isto propiciou que sexa posible atopar concentrados destinados a vacas de alta produción con prezos que alcanzan os 38 céntimos, 7 por encima do valor medio percibido por unha explotación, o pasado mes, por cada litro do seu leite. A especulación parece ser a causa deste repunte de prezos. «Non parece claro que haxa motivos obxectivos para esta suba tan radical máis aló da especulación propiciada por grandes grupos de investimento que se refuxiaron no mercado das materias primas. Nalgúns cultivos mesmo se esperan colleitas máis abondosas que en anos precedentes», apuntan fontes do mercado, que matizan que a maioría dos fabricantes non están a repercutir no prezo final do seu produto a totalidade da suba das materias primas. Os gandeiros están a optar por cambiar a composición dos seus pensos para reducir o prezo e con iso mellorar os seus resultados. Solución que pode supor un risco de perda de calidade para as explotacións. «Non é o mesmo elaborar un produto con soia ou millo que con aceite de palma, xirasol ou colza. Entre un penso e outro hai diferenzas de prezo pero tamén de calidade, extremo que non debe ser descoidado polas granxas. Ás veces o barato acaba saíndo caro», apunta Guillermo Pazos, veterinario. Tamén opina así Germán González, presidente de Pensos Alborés. «Sabemos dos riscos que supón a reformulación do penso, pero tamén que nesta situación ningunha explotación podar facer fronte ao custo do concentrado», apunta. A ración media dunha vaca frisona de alta calidade oscila entre os 8 e os 12 quilos de penso diario. Iso supón destinar polo menos dez litros da produción de cada animal (practicamente a metade) só para cubrir este gasto.
16/01/11
Renovación de maquinaria
De INDUSAGRI chegounos un novo apeiro en proba. Agora temos que ver se é axeitado para as nosas necesidades e logo decidimos se "mercamos". De paso saudamos o vendedor Juan, sobriño dun socio dos Parentes
09/01/11
Orixe da palabra Trasar
Hai un tempo que deixamos a pregunta neste blog: de onde vén Trasar? Pois xa o sabemos grazas a don Xesús Ferro Ruibal que nos contestou moi amablemente. E resulta que vén de Trasarius, que era nome de persoa hai moitos, moitos anos. E tamén sabemos que xa hai máis de 700 anos había en Trasar un Xan que tiña unha unha explotación e vivía do campo. O informe completo está na nosa web, no apartado Orixe da palabra Trasar. Otra vez máis o noso agradecemento a don Xesús.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




