20/12/16

A nosa homenaxe a don Xesús Ferro Ruibal

Vimos no xornal que hai en Santiago unha homenaxe ao noso amigo Xesús Ferro Ruibal:
Non podemos ir alá por mor do traballo mais lembramos a súa visita aos Parentes:
Aquí estamos a familia no seu Ben Falado:


Os Parentes sumámonos a esa homenaxe moi ben merecida

06/12/16

Outra frase do Manolo

Conta o Manolo do Tío Bernardo na figadeira deste ano que cando el era rapaz escoitaba este dito na cociña da Casa de Baixo cando xuntaba a xente no serán a contar contos:

“tiralai tirame un tiro, tiralai tírame dous; se me tiras e me matas habémonos ver os dous”


19/11/16

Máis estragos do xabaril

O xabaril non para de estragar, agora como non temos millo, pegou cos prados, !!! Mira que é traballador o condenado!!!