Pasou a fin de semana cos festivos e o tempo das figadeiras en moitas casas!
Di a Pilar de Baixo que antes pola Conceución era cando as mulleres sacaban os abrigos
E vén aí a Santa Lucía que en Cartelos había un bocado nas casas para a familia moi achegada
10/12/15
28/11/15
Finaron dous amigos do tío Anxo do Incio
Foi en abril de 2006 cando nos deixou o noso guía, o tío Anxo cura do Incio. Hoxe ha estar contento alá no ceo no que el cría porque xa lle poderá contar os contos atrasados ao seu amigo de moitos anos, o tamén cura Xosé Alvilares "O Marelo". E háselles xuntar outro que foi cura e galeguista coma eles o Xosé Chao Rego, de que nos falaba tamén con moito agarimo. E como tamén ha de andar por alí o Xosé Neira vilas, pois San Pedro hoxe vai ter que lles pagar unha pulpada e carne ao caldeiro aos galegos e galegas de por alí.
As cousas con humor, como a el lle gustaba. Unha vez que o fomos ver ao hospital que estivera moi grave, dixo: boh... é que estaba a porta do outro mundo pechada e en lugar de petar, díxen eu vólmome unha temporadiña prá terra.
Na foto nas Médulas co Marelo no 2003
24/11/15
12/11/15
Colleita de herba do demo
Vaia colleita de estramonio "herba do demo"! e naceu por simpatía, non fixo falta sementar, sorte que non é nosa a finca; pero algo pode chegar, é na do veciño
11/11/15
Acabouse a esfolla do millo (despois de centos de anos)
Hoxe tocou recoller millo para o hórreo, foi rápido e limpo , para o ano máis e mellor. Non coñeciamos a máquina pero quedamos encantados
31/10/15
A Peneda Cabezuda
Xa temos estado na Peneda Cabezuda pero nós non sabemos mirar ben o que alí hai como nos explican aquí en Televinte
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


