09/09/15

San Pegerto (e seguen as tractoradas)

Hoxe é o San Pegerto de Buciños. Felicidades para os amigos que levan ese nome, aínda que cada vez van sendo menos que agora o chamadeiro non ten moito éxito. E tamén para a xente de Buciños que está de festa, especialmente para a familia do José Manuel García en Trasar de Sabugueiro. 
Se o noso Tío Benigno (+1976) chegou aos 105 anos foi grazas ao Santo. El mesmo o conta:

“Nací enfermizo; el médico Cedrón de Chantada, con quien consultaron, les dijo a los padres que no contasen conmigo. Ellos suplicaron al Santo me sanase, ofreciéndole un ternero y ya entré en los noventa años... Esto escribía D. Benigno el 29 de septiembre de 1959 (Vida y novena de San Pegerto de Buciños, Jesús Guerra, 2004)

08/09/15

Os Parentes na tractorada de Santiago

Alá está o noso Presidente e envía foto
 

Seguen as tractoradas

No Día da Nosa Señora do Faro, Santa Querida, seguen as protestas dos gandeiros. Non hai outra. A cousa é tan seria que nin a mesma Virxe do Faro, tan avogosa para todo, nin Ela vai poder axudarnos moito nesta batalla pola dignidade do noso traballo. 
 

06/09/15

Visita ao Incio

A Pilar e o Manolo foron hoxe facerlle visita ao busto do Incio e despois ver a Feira, saudar a Alcaldesa e outras amizades. Finalmente ver Señora Mercedes da Eirexe. Foi un día completo. Non foi tan ben para o can Sito e dous gatiños que todos os días van dar un paseo por Trasar co Manolo, hoxe quedaron sen paseo.


05/09/15

Arrinca de patacas aquí e protesta en Lugo

Así ás horas, fomos arrincando as patacas. Seguimos en Lugo loitando por un prezo Xusto para o leite.