14/03/11

Funcionarias parentas

Dúas parentas nosas funcionarias vanse achegando ás casas. Primeiro foi a seguidora deste blog e parenta Ana María Guerra a que hai uns meses conseguiu achegarse desde Madrid ata Ourense. Hoxe a nosa Maricarmen conseguiu a súa praza definitiva a poucos minutos andando desde a súa residencia na Coruña. Parabéns para as dúas desde o blog dos Parentes!!!!

12/03/11

Carballo

A poucos metros das nosas instalacións atópase este carballo singular, por non dicir raro, neste tempo, antes de saír a folla é fácil ver cosas curiosas da natureza. Claro que espero que alguén me poida dar unha idea de por que medrou dese xeito.
 "Desque cae a folla vense ben os niños", moito pasamos cerca e nunca o vimos

06/03/11

A Inés de Castro

Mándannos esta foto desde Coimbra (Portugal) e a súa historia tamén. Pois resulta que unha tal Inés de Castro (de apelido Castro, non que fora de Castro de Carballedo) hai moitos moitos anos tivo amores cun rei de Portugal chamado don Pedro, pero eran amores prohibidos e claro, acabaron matando a Inés e o seu sangue quedou nestas pedras da fonte na Quinta das Lágrimas (a foto non mente). Esta Inés viña sendo dunha das máis ilustres familias galegas e tivo mala sorte, a pobre, porque se di que só reinou despois de morrer. Cousas que pasan nesto dos amores.

02/03/11

A enfermedá das vacas do cura

Nós somos de familia de curas, ata un dos Parentes é da Casa dos Curas. Pero que será iso da enfermedá das vacas do cura? A resposta noutro intenresante capítulo do Ben Falado