07/12/10

Doutor Mateo


O doutor Mateo é o protagonista dunha serie de Antena 3. Pois esta foto mándannola desde Prado, un pobo próximo a Llastres, que é onde está gravada esa serie. Por alí tamén hai moitas vacas e herba (será por iso que se chama Prado). Reparen en como son alí os hórreos asturianos e tamén en como coidan as cousas, vaia acobillo máis feituco para esperar os Alsa (que seica é como lle chaman alí ás Directas)

06/12/10

30/11/10

Neve 2


Agora á tarde xa choveu e a neve baixou. O correspondente dos Parentes en Puebla de Sanabria (Paulo) envíanos esta foto para que se vexa como caeu alí, ata se suspenderon as clases no Instituto Valverde de Lucerna.

28/11/10

Trasar

Sabemos que o nome de Lobelle vén de que por aquí había moitos lobos. O que non sabemos é de onde vén Trasar. De Carballo ou De Sabugueiro está claro que sería porque había nun carballos e noutro sabugueiros. Pero, Trasar? Se algún dos nosos lectores nos pode axudar aínda llo habiamos de agradecer