15/08/10

Xantar dos curmáns

Convocados polo Curmán Maior Benigno, os curmáns netos da Carmen de Baixo e do Pepe do Tío Bernardo tiveron o 14 o seu xantar anual na Peroxa moi ben organizado polo Vicecurmán Elías. Presididos polo padriño da Curmandade, o Manolo, e polas madriñas, a Lina e a Pilar estiveron 12 curmáns; só faltou o Manuel porque o seu traballo o retivo nas Canarias. Tamén viñeron as mulleres e maridos dos curmáns e curmás; menos a Marta e a María por motivos de última hora. E a nova xeración, os fillos, tamén se achegaron á Peroxa, só a Alba e a Helena non puideron vir. En total 35. O máis novo, o Santi, aproveitou para ir coñecendo a familia un por un. O curmán Maior pediu un brindis e felicitou a Maricarmen e o Paulo por seren novos funcionarios das Xuntas de Galicia e Castilla y León.
Os primeiros en marcharen foron o Pepe e o Xosé porque estaban de garda nos Parentes e as vacas non saben de festas. A maioría prolongou a tertulia ata as nove, conto vai e conto vén. E os coches foron partindo para Noia, Bueu, Ponferrada, Pontedeume, Cartelos, Chantada, San Mamede, etc.

11/08/10

Saúdos

Saúdos para un dos lectores máis novos da páxina dos Parentes. Hoxe fixo en Cartelos a súa Primeira Comunión rodeado dos seus amigos e familiares. Agardamos que pasase un bo día e tivese moitos agasallos

09/08/10

Hórreo



O outro día puxemos o galiñeiro e hoxe poñemos o hórreo, os dous están ao lado desta casa


07/08/10

Por fin...


Con este viaxiño que sae da Nabeira da Porta damos por rematada a campaña de herba seca, agora uns días de vacacións que merecidas as temos.

Hai que pintar o san Lourenzo

Había un señor de Cartelos que cando algo non lle conviña dicía: imos pintar o san Lourenzo. E o san Lourenzo é o día 10, festas en Cartelos, polo que teremos que mirar de acabar coa recolleita da herba seca para que o Xan e o Pepe poidan ter un descansiño que están tatos de traballo

02/08/10

Máis de herba


Andamos a rematar de segar a herba seca, como imos ben de tempo e humor non nos falta, quixemos pór as inciciais na finca que mercamos hai pouco.