30/04/18

Dito do Manolo do Tío Bernardo

Outro conto do Manolo do Tío Bernardo:
“O demo pra as facer cobre unha manta e pra as desfacer toca unha flauta”
Explicación: cando se fai o que non se debe, pensa un que non se vai saber, que queda ben tapado, pero sempre se acaba descubrindo o asunto e acábase sabendo.
Ao lado do Manolo sempre se aprende algo novo!

23/04/18

Pasamento de Luís López Losada

Estamos máis que desolados, non o podemos crer, acabamos de saber que faleceu de repente o noso xestor, o Luís López Losada do Incio. Acompañou os Parentes desde que comezou a idea, ademais era o compañeiro, amigo e socio do noso tío o cura Anxo do Incio.
Todo o noso agarimo para a súa familia
 




12/03/18

60 anos de matrimonio na Casa do Tío Bernardo

O 13 de febreiro cumpríronse os 60 anos do casamento da Lina e o Manolo
Celebrouno toda a familia xunta