28/11/15

Finaron dous amigos do tío Anxo do Incio

Foi en abril de 2006 cando nos deixou o noso guía, o tío Anxo cura do Incio. Hoxe ha estar contento alá no ceo no que el cría porque xa lle poderá contar os contos atrasados ao seu amigo de moitos anos, o tamén cura Xosé Alvilares "O Marelo". E háselles xuntar outro que foi cura e galeguista coma eles o Xosé Chao Rego, de que nos falaba tamén con moito agarimo. E como tamén ha de andar por alí o Xosé Neira vilas, pois San Pedro hoxe vai ter que lles pagar unha pulpada e carne ao caldeiro aos galegos e galegas de por alí.
As cousas con humor, como a el lle gustaba. Unha vez que o fomos ver ao hospital que estivera moi grave, dixo: boh... é que estaba a porta do outro mundo pechada e en lugar de petar, díxen eu vólmome unha temporadiña prá terra.
Na foto nas Médulas co Marelo no 2003 

Ningún comentario:

Publicar un comentario