15/11/14

Parabéns ao amigo Rubén

Lemos en La Voz:
O escritor Pablo Rubén Eyré, de Chantada (Lugo), gañou o premio Risco de creación literaria co libro de relatos A verdade nos espellos, que foi escollido entre dezaseis obras. O xurado subliñou a habilidade con que o autor «foi artellando os contos» e «a maneira de traballar os finais, sorprendentes, ben resoltos», así como «a riqueza lingüística do texto e o coidadoso dominio do idioma». O premio ten unha dotación económica de 6.000 euros e implica a publicación.
O certame é convocado desde hai quince anos pola Fundación Vicente Risco coa colaboración do Concello de Ourense e a editorial Sotelo Blanco. É un galardón anual que se dedica á memoria do escritor ourensán Vicente Risco e do seu fillo, o tamén intelectual Antón Risco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario