31/03/16

Neve

Volveu a neve neste final do marzo marzal
 

21/03/16

Botando abono

Agora estercamos para dentro de mes e medio ensilarmos a herba
 

15/03/16

Segue medrando a autovía

Vista desde a terraza da Casa do Gil de Lobelle de Arriba

11/03/16

O cura do Incio a finais dos anos 80

Nesta carballesa bailada do Campo do Cárcere do Incio que topamos no YouTube sae ao final o noso tío uns segundos

10/03/16

Brodi

Brodi é o noso xefe de seguridade nos Parentes.
Di a prensa que hai un novo xefe da policía de Galicia, alegrámonos, que é do Incio e coñecía o noso tío-protector Anxo, o cura.
E Brodi tamén se alegra, claro.

05/03/16

En memoria do Pegerto de Quintela

Malas novas tivemos hoxe, o Pegerto de Quintela, parente moi querido por nós finou en Quintela. Sempre alegre e familiar, cantos bos momentos temos pasado con el! Na foto está tocando a caixa cos Barrios nunha festa da empanada de Chantada alá polo ano 1986 na compaña no noso tío tamén finado o cura do Incio (facendo de bombeiro). Seguro que xa o ha estar agardando para botaren un parrafeo. Que en paz descanse o Pegerto e os nosos agarimos para toda a familia.
E nesta máis recente (polo 2000 e pico) co seu sorriso habitual 
E estas dun San Lourenzo na Casa de Baixo:



03/03/16

Poda en Carcacía-Oleiros

Hoxe toca poda na ribeira do Xan de Baixo:


02/03/16

Picando na leña

Na Casa do Gil de Lobelle picando na leña vense cousas ben interesantes