31/05/15

Acios da ribeira do Xan

Xa naceu o viño na ribeira de Oleiros


30/05/15

Vídeo moi chulo

Grazas ao noso amigo Xesús Ferro Ruibal por nos enviar esa ligazón

29/05/15

Abel de Icos

Saúdos para o noso amigo Abel, experimentado tractorista


28/05/15

A igrexa da Cruz do Incio e ...

O cura do Incio, o noso tío tiña dúas igrexas, cada unha tan querida coma a outra. A antiga do Hospital pola que loitou e lle custou ferro e fariña a súa restauración. A outra, a máis moderna da Cruz do Incio que empezara o seu grande amigo Don Argimiro e el tivo que remover Roma con Santiago para conseguir os cartos para rematala. 
Pero puido ver como se lle poñía o ramo ás dúas empresas, que el era home de armas tomar. E ensinábaas orgulloso. E nas comidas e reunións familiares contábanos fachendoso o seu traballo.
Así hoxe no Incio podemos ver unha das igrexas modernas máis interesantes e integradas na paisaxe (sempre contaba a máxima do arquitecto González del Amo: a boa arquitectura non debe verse) e cerquiña unha das máis antigas e valoradas.
Que sorte teñen logo os veciños do Incio!!! Ademais van ter de alcaldesa a Laura Celeiro, amiga dos Parentes. Case nada!!!
NOTA: vén isto a conto do que pon hoxe La Voz de Galicia sobre a igrexa do Incio

26/05/15

Entrevista ao Señor Oca que fala do leite

Moito ten que ver este señor na fundación dos Parentes, moito llo agradecemos. Por iso nos agrada tanto ler esta entrevista con el: ler en Sermos

Ensila ramatada

Estamos en disposición de comunicarlles aos amigos e amigas da Internet que rematamos a ensila da herba



23/05/15

Vai rematando a ensila

Moita colleita, ao fondo á esquerda a máquina recollendo a última

19/05/15

A señor Pilar xa é bisavoa

Pedro González (Baínte) (+23-VIII-1716) é o primeiro devanceiro do que sabemos na Casa de Baixo de Trasar de Carballo. Onte naceu en Burgos Aldán González Figueiredo, que é o primeiro da xeración número 13, todas co primeiro apelido González nesta familia.
Os nosos parabéns para os felices pais: Laura e Paulo
Aldán González Figueiredo

18/05/15

Seguimos coa ensila

Despois dun día ben longo de traballo...

17/05/15

Día das Herbas Galegas

Seica hai moita xente que todo o ano esquece o galego e polo día de hoxe celebra o Día das Letras Galegas moi celebrado, parécenos ben que menos dá un toxo. 
Nós andamos  ao revés deles, todo o ano vivimos en galego e o Día das Letras Galegas temos que traballar de sol a sol, que andamos na ensila da herba, a colleita máis importante do ano, así que para Os Parentes pode ser hoxe, 17 de maio, o Día da Herba Galega

16/05/15

Ensila

Empezamos a ensila outro ano máis

10/05/15

Carreira popular en Carballedo

A nosa amiga Sara do Viorteiro ben que correu

09/05/15

04/05/15

Visita de traballo ao Pazo de Cartelos

Visita de traballo ao Pazo de Cartelos.
Tamén visitamos o Pazo, foto detalle de espadas.
Constantino, coma sempre todo amabilidade