30/10/10

Xabaril


O Porco bravo foza, foza e miren como deixa os prados

27/10/10

Entre a vendima e a castañeira





Nunha tarde de outono pódense atopar moitas cousas nos prados, zarrotes, azafrán e tamén ovellas.Outro dia máis.

23/10/10

Vedoiro


Manuel Rivas, Todo é silencio, 2010, páx. 25: seu pai xa descubría mananciais. Era vedoiro, zahorí. Todos os pozos da contorna achounos el, coas variñas ou co péndulo. Hai xente así, que ve no oculto, con poderes magnéticos...

Se precisa axuda para topar unha auga... entre nesta páxina nosa

21/10/10

Sementeira


Andamos a sementar herba despois da ensila de millo.

14/10/10

Nova vida



Parto en directo fotografado polo Bernardino

13/10/10

Os Parentes na Solaina

O venres 15 de 5:15 a 6:30 da tarde botan na TVG A Solaina e alí vai estar en directo o Xan representando os Parentes. Véxano ou gráveno.

12/10/10

hoxe

Velaquí unha feliz avoa Pilar rodeada polos seus netiños/as

10/10/10

08/10/10

Temporal


Son os restos do temporal, parece auga pero é bulleiro que trouxo a arroiada hai tres días. Agora temos que limpar a poza.

03/10/10

Chove!!!


Chegaron as primeiras choivas, empeza con ganas, seguro que medran as castañas e saen os choupís a montóns cando escampe.